Unha excavadora en miniatura, a maqueta do portalón que se abre ao premer un botón, códigos QR para descifrar mensaxes encriptadas, ilusións ópticas e trampas visuais, caleidociclos, fósiles, cranios de xabarín e de golfiño, barbas de balea, rochas, plumas, esqueletos de choco, restos de medusas, ovos de raia, herbas prensadas, cazavolvoretas, lupas e todo tipo de curiosidades posibles de atopar no cuarto dunha persoa naturalista e observadora do entorno. Estas son algunhas das cousas que a Semana da Ciencia nos propón este curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario