31 de xan. de 2013

Irmaus pola paz




Hai no mundo moitos muros que separan países, culturas, economías e persoas. Como o muro de Cisxordania, que Israel construiu para impedir o paso de palestinos a Xerusalén Leste, o que Marrocos construiu para separar o Sahara Occidental, o que impide en Ceuta e Melilla pasar a xente de África para a Unión Europea, o que se ergue na fronteira de Estados Unidos con México, en definitiva, un telón que separa ricos e pobres...
Pero hai outros muros, os máis infranqueables, que se constrúen na mente das persoas. De feito, o fanatismo é o primeiro muro da humanidade, o máis letal e efectivo. As murallas mentais son as que provocaron as guerras ao longo da historia; as que alimentaron o racismo, os dogmatismos e a imposición dunha ideoloxía única.
Os muros mentais, os que pertencen ao lado más escuro e inconfesable de noso ser, conviven con nós, na aula, na casa, na rúa; erguémolos cando nos pechamos en nós mesmos e convertemos aos demais no noso inimigo.  
Neste 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, queremos invitarte a que reflexiones sobre que ten que cambiar para derrubar os muros que nos rodean en vez de axudar a construílos. Non precisamos martelos nin dinamita para os muros que se erguen na mente das persoas senón novas actitudes e xeitos de comportarnos. Quizais unha actitude positiva non pareza moita cousa. Pero sumando moitas, a nosa forza colectiva será quen de derrubar os muros e axudar a construír a PAZ.
(Fragmento extraído do noso muro)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario