29 de out. de 2012

celebración do Samaín

Logo vén o Samaín e o Equipo de Dinamización da Lingua anima como cada curso a participar presentando todo tipo de propostas creativas: contos de medo, poemas terroríficos, monecas diabólicas, cabazas iluminadas, pelis de terror, gastronomía de ultratumba... 
Pero ademais esta data lévanos a pensar en cousas máis serias. Á parte de crenzas na peregrinación das ánimas a lugares como santo André de Teixido e similares, perviven outras tradicións encol da idea da morte provenientes do  animismo celta que perdura desde tempos anteriores á chegada dos romanos.
 
Segundo o calendario celta existen oito portais ao longo do ano, catro que coinciden coa entrada das estacións, é dicir solsticios e equinoccios, e outros catro aproximadamente na metade delas: o Samaín, a Candelaria, os Maios e o 1 de Agosto. 
 
Samaín celébrase o día 31 de octubro, véspera de todos os santos e hai que puntualizar que aínda que sexa nos últimos anos que se está a recuperar esta celebración, non se trata só dunha moda importada de Inglaterra ou Estados Unidos, senón que é precisamente o Halloween, que literalmente significa "véspera do sagrado", quen vén de Samheim  (Samaín).  Nese día están abertas as portas que comunican co mundo do alén e máis que outro día calquera téñense en conta os seres que xa deixaron este mundo, visitando os cemiterios, enfeitando as sepulturas con flores e candelas ou deixando pola noite castañas e viño na mesa para a posible visita de familiares defuntos.
 

 
O principal legado do Neolítico por todo o mundo son os monumentos funerarios. Arriba un enterramento en Kivik (Suecia) e abaixo o dolme de Chan de Arquiña, no Morrazo.
 
 
 
 
Para encontrar ideas visita o blog de Lingualiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario