23 de dec. de 2011
xabaríns paseando por Cangas
Un xabarín femia e os seus xabatos danse unha volta polo centro da vila. Atopámolos no paseo de Rodeira e seguímolos até a praza do Sinal. Sorprendente pero tan natural que a policía local nin se inmuta cando lle contamos que andan polo medio da rúa. Parece que os bichos xa están afeitos ao tráfico e aos escasos viandantes a esas horas da noite e tampouco se molestan porque lles fagan fotos. O problema é que tropezar con eles pode causar máis dun accidente. O susto non o quita ninguén.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario