5 de nov. de 2011

Obsevatorio dos sentidos

No obradoiro dos xoves convidamos a Moisés para que nos falase da súa experiencia na visita a Campolameiro. Como non pode ver,  a súa foi unha percepción diferente dos gravados, tacteando coa ponta dos dedos sobre as laxes e escoitando as explicacións da guía. Pedímoslle que viñera por dez minutos e acabou quedándose máis dunha hora pois todo o mundo tiña algo que preguntarlle: que idea lle quedara, como se imaxinara as cores ou cal era a representación que se facía da vida das xentes do pasado. Concluímos que fora unha boa experiencia para el e unha interesante aprendizaxe para nós compatir a súa perspectiva.
Cando deixamos o tema dos petroglifos, Moisés seguíu falando e o grupo preguntando:  como se desenvolveran outros sentidos como ouvido e tacto, como se arranxaba para ir aos sitios, que botaba en falta para orientarse nun edificio público, que pensaba dunha pintura cando ía a un museo e todo tipo de curiosidades das persoas que usamos a vista máis que ningún outro sentido.




Ningún comentario:

Publicar un comentario