Os obradoiros, que son os últimos en poñerse a andar, comezaron as clases esta semana.
A matrícula incrementouse este curso tanto no réxime ordinario (diurno) como nas quendas de tarde e de noite (ciclos).
Na quenda de tarde que é a que nos ocupa, hai máis alumnado que outros cursos no nivel II das ensinanzas básicas e en 1º e 3º de secundaria onde, igual que nos obradoiros, os grupos están completos e con lista de espera, incluído o grupo de PCPI.
En Lingua para persoas estranxeiras, onde o alumnado se vai incorporando ao longo do curso, de momento matriculáronse persoas procedentes de Costa de Marfil, Congo, Bangladesh e Brasil e estamos á espera dos nosos alumnos de Alemania e Marrocos.
Tamén hai solicitudes por parte de mulleres marroquíes para asistir a clases polas mañás mais de momento non podemos ofertar eses horarios.
As primeiras en chegar, o día da presentación baixo os carteis de dinamización lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario