31 de xan. de 2011

visita á cidade da cultura

Finalmente abríuse ao público a Cidade da Cultura, no monte Gaiás. Aínda que inacabada xa se poden visitar, ademais do edificio de Servizos Centrais onde se albergan as maquetas, imaxes e documentación relativas ao proxecto, os edificios do Arquivo que actualmente alberga a exposición EX Libris Gallaeciae e o da Biblioteca, esta última destinada á conservación e difusión de patrimonio bibliográfico galego. Para antes de que remate o ano está previsto inaugurar tamén o Museo de Galicia.
Admiramos esta obra de arte da arquitectura contemporánea esquecendo por un momento o megagasto que supuxo, supón e suporá; temos que admitir que é impresionante: os edificios reproducindo o perfil ondeante da montaña, os planos inspirados nas rúas do centro histórico de Santiago, as aéreas torres replicando as da catedral, a espazosa Ágora aberta, a canteiría, o interior da biblioteca.
A cuestión é: haberá alguén capaz de optimizar todo iso, ou irá desaparecendo co tempo e a falta de uso por baixo da montaña de onde saíu?



Para ver como se construíu:
Megaconstruccións: Cidade da Cultura de Santiago de Compostela 

Ningún comentario:

Publicar un comentario