O pasado 15 de decembro visitamos as exposicións de fotografía de Virxilio Viéitez e Ruth Mathilda Anderson. Primeiro o MARCO, onde, a pesar de ser unha visita guiada, o grupo andaba ao seu aire polas salas. En Caixa Galicia descubrimos que había algunha foto antiga de Cangas, que a guía gardaba para o final coma sorpresa e sorpresa foi para ela xa todo o mundo tiña visto e analizado minuciosamente que quedaba en pé daquela paisaxe canguesa logo dunhas cantas décadas. Despois da visita o grupo participou nun obradoiro, dando cor con acuarelables ás fotografías.
Non se paraba de comentar, entusiasmarse lembrando e exclamar canto me gusta! Así, contaxiándose da sensibilidade que desprendían as fotos de Ruth Mathilda o máis bonito foi cando Argentina parou diante dunha das fotografías e dixo: quero aquí unha foto, que este home parece co meu pai cando viña do mar e traíanos algo de peixe fresco e unha pouca de leña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario