29 de nov. de 2010

peregrinacións

No anterior xacobeo fixemos parte do camiño portugués desde Coimbra a Santiago xunto con grupos de Italia, Portugal, Suecia, Eslovaquia, Grecia e Comunidade Valenciá dentro do proxecto europeo "Baixo un ceo común".  Asimesmo durante o curso fixéronse tramos do camiño en Galicia (Valença- Tui, Redondela- Pontesampaio, Pontevedra) incluíndo a peregrinación a Donón, o noso fisterre no Morrazo, e a ruta marítima pola ría de Arousa e o río Ulla, estas últimas cos grupos europeos de Grundtvig.Retomamos as fotos daquela viaxe (a 2ª presentación é unha parte da 1ª)  onde hai persoas que xa non están connosco: Laura Soage, que xa nos deixou hai algún tempo e Mª Carmen Avilés, hai un par de meses; porque, agora que seguramente peregrinan a algunha misteriosa illa do Atlántico na que medran as mazás de ouro, queremos facerlles chegar recado de que é así como as lembramos, viaxando, descubrindo sitios novos e aprendendo sempre.




Ningún comentario:

Publicar un comentario