Durante o Samaín as paredes dos corredores enchéronse de carteis con cemiterios, santas compañas, lobos, trasgos, meigas, gatos e arañeiras... contos de medo e terribles historias en formato de fotonovela cos rapaces e rapazas que estudan no instituto como protagonistas. Na quenda de tarde dedicouse tamén tempo a ler, escribir e contar contos propios desta festa de todos os santos. Contáronse na aula e unha tarde baixamos á biblioteca con velas e cabazos e no medio da penumbra foron saíndo contos, que por máis que se repitan en múltiples versións sempre provocan algún arrepío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario