6 de feb. de 2010

O liño e a la

Unha das tardes de venres falamos do liño. O liño como planta, como cultivo e como tecido. De tecer e de fiar. Do liño e da la.

Con textos da páxina O liño en Galicia e algunhas outras fotos fixemos unha presentación para facernos idea das voltas que o liño dá.

Como non había liño en clase Natividad fiou la. La de ovella castellana, co pelo case que tan liso como dunha cabra, iso si, recén rapada, lavada e cardada; e unha roca e mais o fuso feitos con varas de loureiro e de faia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario