A partir de decembro as tardes dos venres de Ensinanzas Básicas Iniciais (EBI) estanse dedicando a que o alumnado conte o que sabe e o que máis lle gusta. A primeira en empezar foi Carmen Casas, que traballou unha chea de anos na praza, vendendo peixe. Ela falounos de como distinguir un rape dun pisotín, un besugo dun bicudo, un rapante de aquí de outro do Gran Sol, e moitas cousas máis; e entre toda a xente que participou na charla, contáronse anécdotas das diferentes especies e proxectáronse as fotos da presentación que vedes a continuación.
11 de xan. de 2010
peixes na praza deCangas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario