14 de out. de 2009

Castrolandín

Finalmente todo se pon a andar, as clases de secundaria, as de ciclos, os obradoiros,... e comezan as actividades.

A idea deste curso é a de procurar manifestacións dun pasado que deixou pegadas na paisaxe: mámoas, petroglifos, castros, pedras fitas, pedras que falan,...

Neste senso comezamos cunha saída a Castrolandín e á cidade balnear de Cuntis.

No enlace anterior encóntrase información e fotografías sobre as excavacións que se veñen realizando dende o ano 2004, onde se aprecian os diferentes tipos de construcións (circulares, ovaladas e rectangulares), intúense as murallas e podemos imaxinar o xeito de vida que se levaba hai uns dous mil anos atrás.

Tamén se poden ver as pezas realizadas no obradoiro de cerámica castrexa inspiradas nos motivos dos achádegos primitivos.

Por último, nese mesmo enlace encóntranse dúas guías para a visita didáctica a Castrolandín, unha para profesorado de primaria e outra para o de secundaria.



Conto: Un día no castro de Viladonga en:


Ningún comentario:

Publicar un comentario