31 de xul. de 2009

camiño de aquí

 


Cando se pasa repetidas veces polos mesmos sitios acábase por perder conciencia deles. Xa poden ter todos os encantos que buscamos para pasar ferias nos catálogos dunha axencia de viaxes e toda a singularidade dos lugares especiais: gamelas con nomes de muller, gavotas en fileira contemplando os cardumes de muxes, unha pelota rescatada da auga, espellos que distorcen as siluetas, praias que existen só na baixamar e as cousas que o mar deita na area ou a pequena serea sempre rodeada de cormoráns. Son imaxes do cotiá, camiño de aquí, camiño de Rodeira.


 












 



Ningún comentario:

Publicar un comentario