25 de abr. de 2024

10 de mar. de 2024

Poema en títulos

Este é un poema feito de titulos. A autora é Laura Goldar, lectora empedernida. Compúxoo en vídeo, sen título, con títulos, vai xa para catro anos. O tempo pasa (en ocasións pódese dicir que afortunadamente) e como neste obsoleto sistema de papel de rolo que é o blog nos levaría tempo atopar esta xoia, transcribímolo e traémolo aquí de novo. 

Os títulos son de Manuel Antonio, Ana Romaní, Pilar Pallarés, José Eduardo Agualusa, Miriam Ferradáns, Estevo Creus, Miguel Sande, Francisco Cortegoso, Olalla Cociña, Olga Novo, Manuel Rivas, Berta Dávila, Nella Larsen, Marcos Abalde Covelo, Antón Lopo, Eugénio de Andrade, María do Cebreiro, María Lado, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Ondjaki, Ismael Ramos, Miriam Reyes, Méndez Ferrín, Lucía Aldao.

Os versos poderían ser outros pero este é un intento:

De catro a catro polas Estremas
deste Tempo fósil
a Sociedade dos Sonhadores 
Involuntarios invoca
nomes de fume
no lugar que non hai.

Ninguén chorou por nós
Suicidas de Ningún precipicio
dentro do Cráter
na boca da terra
na Raíz da fenda
o Pasar fugaz da Exhumación 
do Corpo.

Pero alguén que respira 
co Outro nome da Terra 
atopará a Herba de Namorar.

Amantes dun Libre favor
volverá o Tempo de elexía 
os Sonhos azuis pelas esquinas
os Lumes e a Sardiña.

E Con pólvora e magnolias
no mar e no peito 
esqueceremos acaso 
que Todo isto 
antes 
era noite.

Ademais de Variacións sobre esta idea (con outros títulos, de libros ou mesmo de poemas)
outra proposta para este exercicio será Debuxar en viñetas algúns deles. A ver que tal!

23 de feb. de 2024

Achegarse á poesía de Rosalía en cancións

Empezamos cuns versos de Follas novas na versión de Lia Pamina e os peregrinos, tan etérea como as nubes que van de paso.


Poñemos os pés na terra para cantar "Adiós ríos adiós fontes" con Astarot


"Negra sombra", coa inconfundible Luz Casal


"Como chove miudiño" con Uxía

 

Unha Alborada de categoría na voz de Guadi e Anxo Angueira, co piano de Abe Rábade.


E se esta selección soubo a pouco, estas "Rosas a Rosalía" de Amancio Prada 

Negra sombra en árabe

 


20 de feb. de 2024

Por se o mundo ficar pesado

POESIA 
            SABEDORIA
                                REBELDIA 
                                                   TEIMOSIA 
                                                                    UTOPIA

8 de feb. de 2024

Paseo por San Simón

 Xa que este curso o alumnado reclama unha visita á illa de san Simón, resgatamos este vídeo do fondo do blog, para ir facendo ganas.


11 de xan. de 2024

Senegal e a lingua wólof


Wolof é unha das linguas de Senegal e fálase ademais noutros países de África como Gambia, Mauritania e Guiné. 

Los libros de Nur: Español- Wólof

Como se dice en wolof.

Curso on line gratuíto de lingua e cultura Wólof  o 28 de marzo

Linguaxe universal é sen dúbida a música. Con ela sempre nos entendemos. En wólof hai palabras en común co árabe, como Malaikala que son os dous anxos da canción de Ismael Lô. Como Salamualeikum, o saúdo da paz. 

Cheik e Bay contan en clase que Tajabone é a festa que se celebra en Senegal no remate do Ramadán. Nesa festa os nenos saen á rúa vestidos de nenas e viceversa. 

30 de out. de 2023

Madagascar e a lingua malgaxe

Frente ás costas de Mozambique, no océano Índico e ao sureste do continente africano, encóntrase Madagascar, unha illa cunha biodiversidade única nos seus máis de medio millón de quilómetros cadrados. Actualmente supera os trinta millóns de habitantes. A capital é Antananarivo.


As linguas principais son o malgaxe (malagasy) e o francés. O malgaxe, lingua autóctona da illa, é de orixe austronesia como o malaio, xavanés, hawaiano e samoano e declarouse oficial só a partir de 2007 a raíz da aprobación da lei de política lingüística.

O malgaxe recibiu, ao longo da historia, influencias de linguas bantúes de África oriental como o suahili, do árabe, do francés e do inglés. Cunha rica tradición oral, empezou escribíndose en sorabe, adaptación local do alfabeto árabe, e, a partir do século XIX,  en alfabeto latino.

Existen numerosos dialectos como a lingua merina falada na meseta central e que serve de base ao malgaxe. Outros dialectos teñen nomes como taisaka, bushi, bara, masikoro, taimanambondro, sahafatra, tambahoaka, zafisoro, tankarana, taimoro, sakalava, tanosy ou tsimihety..

A poboación é unha equilibrada mestizaxe entre indonesia e africana oriental, a maioría malgaxe.