3 de dec. de 2021

Grego con Sira Amelia

Este xoves a actividade sobre linguas e linguaxes foi o alfabeto grego e as palabras gregas que perviven nas linguas actuais. Sira, tras expoñer as letras do alfabeto grego e contar algunhas curiosidades sobre elas -coma o espíritu doce ou áspero que poden levar enriba- propón buscar palabras a partir de: ANTROPOS, ASTROS, BIO, BIBLIOS, LOGOS, GAMOS, GRAFOS, GASTRÓS, OIDE, THEOS, KRATOS, DERMA, PATOS, ENDO... Saen palabras como antropófago, antropomorfo, andróxino, bioloxía, biografía, microbio, antibiótico, biblioteca, demografía, democracia, pandemia, poligamia, endogamia, deltoides, teocracia euforia eucaristía, endocrino, patoloxía, misantropía, demagoxia, pediatría, hipopótamo, hipocampo...

E como o tema vai para largo deixamos para unha próxima sesión que faremos en xaneiro.





Ningún comentario:

Publicar un comentario