11 de nov. de 2021

O mundo sen imaxes visuais

Moisés Loeda leva moitos cursos asistindo como alumno a distintos obradoiros no IES de Rodeira. Desta vez tocoulle vir como poñente para falarnos da súa percepción da realidade como invidente. 

Como percebe un cego as formas, os espazos, o talante da xente...? 

Esas e outras preguntas que a nosa curiosidade foi planteando deron lugar a un animado debate. Cremos que dará para repetir outro día, pois a festa de san Martiño roubou parte do público (e a pouco máis tamén nos rouba a Moisés)





Ningún comentario:

Publicar un comentario