6 de xul. de 2021

Caderno de Bitácora 2020/21

 Este foi un curso estraño. Comezou na máis absoluta incerteza, transcorreu na corda frouxa, sempre tratando de manter o equilibrio e finalmente acabou, sen alardes nin festexos, coma se nada pasase. 

No Obradoiro do Caderno de Bitácora, visto que non se podía esperar outra cousa, escribimos. Máis, menos, moito, pouco, ou nada. E daba igual. Asistimos, continuamos e permanecemos. Compartimos gratos momentos que iluminaron as tardes dos martes igual que o fan esas velas e lanternas que se atopan nos caixóns por se falta a luz. Algúns dos escritos deste curso ficaron polas páxinas deste blog, ou levounos o vento, outros van neste caderno final. Invitámoste a que os leas.

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario