3 de dec. de 2020

Ven bailar Carmiña...

Este curso tan estraño non temos obradoiros de teatro, nin de música nin de baile. Pero a nosa incansable Carmiña, pese a non ter con ela ás Faldriqueiras de Rodeira para poñelas a bailar, non deixa de vir por aquí e traernos novas como a reportaxe que lle fixeron na web da Asociación A Illa dos Ratos.
 
Esta é unha foto retrospectiva de xuño de 2019. Pasaron tantas cousas dende aquela! Unha das máis tristes é que perdimos ao noso gaiteiro Manolo. Sentímolo moito. Sempre que o lembramos vai con el a súa simpatía e bon humor. Dende aquí enviamos un abrazo grande a Lina.
 

E para despedir a un gaiteiro que mellor que a música que tal vez chegue máis rápido a ese lugar a onde as palabras non saben chegar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario