25 de abr. de 2020

Flores de abril en xaneiro

Algo debeu intuir a nosa coordinadora lingüística que este curso adiantou en varios meses a conmemoración do 25 de abril. A golpe de xaneiro xa as espingardas com caraveis vermellos ocupaban os paneis da pranta baixa, celebrando o día da paz. Lembrades?


Formaba parte dunha exposición sobre revolucións pacíficas.



Desde Brasil, Chico Buarque, escribíu a canción "Tanto Mar" dedicada ao 25 de abril de Portugal, e na primeira parte do vídeo escoitamos a versión da mítica Amália Rodrigues e as poéticas imaxes da revoluçao dos cravos, despois as dúas versións de "Tanto Mar" a primeira cando a revolución empeza e a segunda cando se ve murchada, despois do golpe do 25 de novembro de 1975



Outra canción dedicada á revolución dos caraveis foi "Abril 74" do catalán Lluis Llach,
precioso poema que canta a un soldado calquera daqueles que poñían flores nos canos dos fusís.



Ningún comentario:

Publicar un comentario