17 de out. de 2019

Visita guiada á exposición A mesa farta. Museo Liste

Alumnado de EBI e Obradoiros achegouse a Vigo nunha tarde de temporal que animaba máis a quedar na casa ou como moito dentro da aula. Aínda así, houbo só catro baixas entre as persoas anotadas.  O obxecto da saída era a visita guiada ao museo Liste que organiza cada curso actividades nas que vimos participando regularmente, o curso pasado sen ir máis lonxe coas dúas charlas do cesteiro que o museo nos enviou ao propio instituto.
A mesa farta é unha exposición sobre elementos da tradición relacionados co cultivo, procesado, conservación, almacenamento, transporte e comercio de alimentos e bebidas. 
Ademais, visitamos o resto do museo onde se encontran trebellos e obxetos representativos de case todos os oficios tradicionais, nun total de máis de 2.500 pezas que reflicten diversos aspectos da cultura galega, con elementos que con frecuencia son comúns a outras moitas culturas do planeta, como ben comprobou o alumnado estranxeiro.

Aquí van unhas fotos da visita acompañadas de textos do curso pasado do alumnado de Obradoiros.

Visita ao Museo Liste

Ningún comentario:

Publicar un comentario