O alumnado de 2º e 4 º da ESA asistiu á charla que sobre
orientación profesional e laboral impartiu Carmen Fandiño Docío,
responsable da Axencia de desenvolvemento económico e do emprego local
do Concello de Cangas.
Abordaronse
aspectos básicos a ter en conta para a creación de empresas:
características das persoas emprendeoras, plans de emprendemento, viveiros de
empresas, axudas, asesoramento sobre os trámites
necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto
empresarial e acompañamento durante os primeiros anos de vida dos
proxectos empresariais asesorados dende a Axencia de Emprego e
Desenvolvemento Local.
Tomamos boa nota das ferramentas de partida para arrancar cunha iniciativa empresarial e sobre todo, fomos conscientes pola primeira vez deste servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico, creación de emprego e formación no ámbito territorial do Concello de Cangas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario