O certo é que as verbas de Noé Massó son incapaces de deixar ao seu
público indiferente. Nun achegamento á vida da Conserveira outrora fonte
de riqueza desta comarca e por ende á súa familia, o rexidor do noso
Centro transportou ao alumnado e profesorado da quenda das tardes a unha
historia tan descoñecida como contemporánea.Non sei ben se foi a épica de nos embarcar en corsarios franceses abordando mercantís de pavillón británico en alta mar para negociar cos decomisos no Porto da Laxe, ou de nos facer camiñar polas precarias ruelas do casco vello dun Vigo ta rural como mariñeiro, pero conseguiu o seu pretendido obxectivo...facernos entender os motivos da peregrinaxe de letrados segundóns de industriais familias catalanas ás nosas costas a principios do século XIX.
Fíxose curta, batéronse as palmas, pedíuselle un bis e apalabrou un novo encontro en quince días. Non faltaremos.




Ningún comentario:
Publicar un comentario