13 de nov. de 2018

Charla organizada polo Departamento de Orientación para o alumnado de Secundaria de Adultos


Carmen Pérez García, orientadora laboral no Concello de Moaña con sede no Patronato Municipal de Beiramar, mostrou ao alumnado adulto a web que actualiza a diario na que se mostran distintos enlaces a numerosas páxina de ofertas de emprego, tanto público como privado, así como convocatorias de oposicións e concursos oposición. 
Ademais, entre outras informacións, deu interesantes consellos á hora de presentar currículos e de acceder ao posto de traballo que máis nos convén.

O obxectivo da charla era "Dar a coñecer o Servizo de Orientación Laboral e Servizo para Emprendedores do Concello de Moaña, e as vías de acceso ao mundo laboral: formación ocupacional, certificados de profesionalidade, escolas obradoiros, emprego por conta allea e emprego público".

Ningún comentario:

Publicar un comentario