21 de nov. de 2018



Cada historia individual merece ser contada, lida, escoitada.

Cada nome e apelidos pronunciados en voz alta. Só así podemos poñernos na pel da vítima, sentir arrepío diante dos detalles tantas veces escabrosos e brutais.

Desde 2003 en que empezaron a contabilizarse, o número de casos  de mulleres mortas por causa da violencia machista no estado español ascende a perto dun millar.

En Matar a un ruiseñor Atticus Finch explica á filla, Scout, a esencia da empatía:  "nunca comprendes verdadeiramente a unha persoa ata que consideras as cousas desde o seu punto de vista, ata que te metes na súa pel e camiñas nela"

...cando nos poñemos
...nos seus zapatos
...e por un momento
...somos ela









Ningún comentario:

Publicar un comentario