3 de out. de 2018

Martin Codax en 55 idiomas


Coa chegada a Vigo do Pergamiño Vindel ademais da exposición no Museo do Mar e outra serie de eventos que se organizaron durante o ano, a Universidade de Vigo publicou "As cantigas de Martin Codax en 55 idiomas".



Escaneamos e imprimimos a primeira das sete cantigas en cada unha das linguas, para pendurala dun fío xunto coa versión galega e unha pequena información sobre cada unha das linguas.
A proposta consiste en:
Escoller unha das linguas sacando ao chou  un papeliño enrolado de dentro do glogo terráqueo e buscala para intentar traducir as palabras do poema que aparecen no papel á lingua que corresponda. Cada papeliño enrolado é unha onda que cubrirá xunto coas outras o espazo destinado na planta 1ª ao máis coñecido poema do mar de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario