7 de nov. de 2017

Medo do medo

O medo dá medo. Se ben ás veces sexa bo sentilo para librarse de certos perigos pode chegar a ser paralizante. As fobias e as manías mellor será librarse delas na medida do posible, cando menos poñerlles nome. Porque o que ten nome ten definición e límites. 

O medo non é máis que unha emoción entre outras. Unha emoción, di o dicionario, é  un "Estado de ánimo pasaxeiro causado pola sorpresa, o medo, a alegría etc., caracterizado por unha leve alteración física e psíquica."

Para lidar con esas alteracións do ánimo que mellor que coñecelas.

Atrevémosnos a poñer nome ás emocións?


Ningún comentario:

Publicar un comentario