28 de abr. de 2017

Próxima saída: Monte Penide

O próximo xoves 4 de maio faremos unha camiñada dunhas tres horas por Monte Penide, alto situado na beira sur da ría de Vigo, xunto a Trasmañó. Acompañaranos un arqueólogo que nos dará explicacións sobre os achados prehistóricos da zona.
Saída do instituto ás 16h.
Volta sobre as 21h

Para ir sabendo algo podedes visitar o Museo Virtual de Monte Penide.

Ningún comentario:

Publicar un comentario