30 de mar. de 2017

Diversas chaves


A campaña deste curso do Equipo de Dinamización Lingüística dá moito de si: o galego é a chave.
E coa chave da diversidade abríronse secretos tantas veces agochados!
O mundo é plural. A humanidade, diversa. As culturas son múltiples. 
O amor é infinito e as maneiras de amar, ilimitadas.
Se nos sorprende a maneira en que son outras persoas, imaxinemos só como lles pode sorprender a outras persoas a maneira en como somos nós.
 
Aquí vén a conto o conto do elefante e os cegos que segundo tocan unha parte  do animal así o describen. Para quen toca a trompa pode ser unha serpe; para quen toca as orellas, un leque; para que agarra a cola, unha corda; para quen toca a pata, o tronco dunha árbore e para quen tropeza coa panza, un muro. 
Un xeito de explicar como construímos individualmente a realidade que é sempre unha percepción parcial.
Entre todxs tal vez poidamos achegarnos un pouco ao que en realidade a realidade é: DIVERSA!!!

-A minha raça sou eu mesmo. A pessoa é uma humanidade individual. Cada homem é uma raça, senhor polícia.” (Mia Couto)

Ningún comentario:

Publicar un comentario