Iso preguntouse Alfonso Bamio tras viaxar a Perú e ver despois a exposición de Miró na visita guiada que fixemos na Casa Serralves do Porto.
Na Koricancha, en Cusco, dentro da igrexa de Santo Domingo encóntrase representada a cosmovisión andina na que curiosamente aparecen todos os elementos que vemos no cadro de Miró "Noite estrelada".
A Cruz do Sur, a Vía Láctea, o Sol, a Lúa, os luceiros (Venus matutina e Venus vespertina), os socalcos (Collca)...
Os tres pelos da figura do cadro de Miró podían moi ben ser as tres plumas que leva na cabeza o Fillo do Sol (Manco Pacac, o primeiro inca).
O vídeo resume a interpretación de Alfonso da relación entre Miró e as representacións da cosmovisión andina encontradas en Cusco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario