Na quenda de tarde estamos sempre aprendendo algo novo pois temos a sorte de contar con alumnado formado por
mestres en todos os oficios: mestres carpinteiros, mestras panadeiras, redeiras, capitáns de barco, chefs, horticultoras, expertos en orquídeas e coñecedoras de peixes. Un dos mestres mariñeiros iniciounos na práctica náutica dos nós para practicar os días en que non se sae ao mar. Xa probamos as
de guía, ballestrinque, encapeladura e aínda temos fío
para atar e desatar!
E dado o mal tempo destes días, velaquí un refrán que lle vai ben acaído:
Luns, galbana.
Martes, malagana.
Mércores, tormenta.
Xoves, mala venta.
Venres, vendaval.
E para un día,
quen vai ao mar!
Para facer unha estera cómpre seguir o patrón do principio enfiando o cabo ou chicote sempre polo mesmo camiño e cando leva varias voltas, axustalo para darlle a forma final. Parece doado mais iso vai depender da habilidade e da paciencia de cada quen.


Ningún comentario:
Publicar un comentario