No Obradoiro de Inglés traballamos na tradución deste vídeo sobre as mulleres e o seu empoderamento, así que Today I Rise ten agora subtítulos en galego. Podemos atopalo en youtube.
Ningún sistema político nin relixioso foi capaz de acabar de vez coa violencia e o trato discriminatorio contra as mulleres. Temos que ser nós mesmas as que nos ergamos e avancemos -transformando a nosa ira en poder- e convoquemos non só a nós propias, tamén aos nosos compañeiros homes, a comprometerse firme e definitivamente para que nunca máis e en ningún lugar suframos acoso, humillación nin ningún tipo de violencia por ser mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario