25 de abr. de 2016

Mais um 25 de Abril




A Revolução de Abril, unida para sempre a esta canción e aos caraveis (cravos) vermellos, foi unha inflexión na historia do país veciño, Portugal. Acabou coa censura da ditadura, coa existencia dun partido único, coas guerras coloniais, iniciando o camiño cara unha maior xustiza social, dando ao pobo acceso  á sanidade, á educación e á cultura. Queda moito por facer, pero o 25 de Abril foi o primeiro gran paso cara ese mundo mellor que esperamos chegue a existir algún día.


Grândola Vila Morena é a canción da Revolución máis pacífica xamais vivida por un país, escrita e musicada por un grande, grandísimo poeta e músico: José Afonso. O seu legado musical continúa inspirando a novas xeracións de artistas. 
A Revolución segue viva, Zeca Afonso vive a través da súa música.
Viva o 25 de Abril!




Ningún comentario:

Publicar un comentario