4 de mar. de 2016

Próxima saída: Misión Biolóxica-petroglifos de Mogor-Granxa de Briz

O xoves da semana que ven faremos unha visita guiada á Misión Biolóxica de Galicia, un centro do CSIC asociado ás Ciencias agrarias, en Pontevedra. Alí investigan entre outros ámbitos a xenética e ecoloxía forestal, a bioquímica da vide, a mellora xenética das brásicas (grelos, repolo...), leguminosas (ervillas, feixóns...) ou a domesticación do millo.

Despois pasaremos por Mogor para ver o famoso labirinto e observar a orientación dos petroglifos nun día perto do equinoccio de primavera.



Finalmente, se nos queda tempo e as condicións meteorolóxicas o permiten, dirixirémonos á Granxa de Briz , chamada tamén Parque dos Sentidos, en Marín.

Para que ninguén se esqueza nin se despiste:
Cerqueiro sairá da estación de buses ás 15.20h e do instituto ás 15.30h

Ningún comentario:

Publicar un comentario