Emigrou aos Estados Unidos aos 16 anos e alí traballou como obreira téxtil uníndose ao movemento libertario. Foi encarcerada en 1916 por distribuír material sobre a contracepción, e novamente en 1917, por motivos políticos. De 1906 a 1917 editou e publicou nos Estados Unidos Mother Earth (Nai Terra), unha revista anarquista mensual.
En 1919 foi deportada a Rusia onde vivíu co tamén anarquista Alexander Berkman e participou na sublevación anarquista de Kronstadt. Apoiou os bolxeviques en contra da división entre anarquistas e comunistas, feito que se produciu durante a primeira Internacional. A represión política, a burocracia e os traballos forzados que seguiron á Revolución rusa contribuíron, en boa medida, a cambiar as ideas de Goldman sobre o xeito de utilizar a violencia, excepción feita da autodefensa.
Desconforme co que vía como autoritarismo soviético, instalouse definitivamente en Canadá. En 1936, colaborou co goberno español republicano en Londres e Madrid durante a Guerra Civil española.
Goldman morreu en Toronto en 1940 e está enterrada en Chicago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario