17 de feb. de 2012

RESPECTA O ENTROIDO DO HIO

1.     Non se molesta aos gaiteiros cando tocan, nin se interrompe  o seu paso (son os deuses do Entroido)

2.   Non se chega ás aldeas antes que a comparsa. É unha fata de respecto.

3.   Non é un botellón, aínda que se beba viño.

4.   Ten en conta que hai nenos, non é sinxelo explicarlle a un neno que fai Bob Espoxa todo borracho cun cubata na man.

5.    Os disfraces non se van deixando polo camiño, pon algo cómodo.

6.   Non se mexa nos portais, hai monte abondo e unha morea de fincas para facelo.

 7.    Se vén unha ambulancia deixádea pasar.

 8.   Se bailas cunha comparsa deixa sitio para a seguinte, para poder facer as rodas.

9.   Respecta aos maiores, eles mantiveron vivo o Entroido durante moito tempo.


Este Entroido fano posible todos os veciños  que colaboran con cartos e coa elaboración dos palcos e arcos. Nos últimos anos coa chegada masiva de xente non está sendo posible facelo como antes por iso pedimos...


Respecto!
(decálogo de Tamara Malvido)


Eduardo Prieto, alumno afeizoado á fotografía,  pasounos estes retratos do entroido de hai un par de anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario