O próximo mércores 19 de octubro visitaremos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro logo de varios intentos infructuosos, incluíndo un sábado en que nos deprazamos alí tres profes para preparar a visita e nos encontramos un cartel e unha valla que vedaban a entrada.
Xa non se pode nin entrar no monte?
O Centro de Interpretación e o Parque foron inaugurados a principios deste verán e agora contan con visitas guiadas e distintos Obradoiros.
A inauguración foi toda unha parafernalia oficial, saíu na tele e todo iso, pero hai tempo que se tratan de preservar e valorar os petroglifos na zona, como se aprecia no seguinte vídeo con aportacións e interpretacións de estudosos do tema e de veciños e veciñas de Campo Lameiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario