A tarde do xoves 22 de abril tivemos no instituto ao arqueólogo Xosé Lois Vilar que nos veu falar sobre petroglifos. A charla estaba acompañada de fotografías con manifestacións artísticas do pasado en épocas distintas: primeiro as pinturas rupestres do Paleolítico como os famosos bisontes de Altamira e outras obras realizadas nas covas, as gravuras ao aire libre de Foz Côa e as mámoas e pedrafitas da Galiza; para centrarse a continuación nos petroglifos, un tesouro de incalculable valor do noso pasado cultural que non nos podemos permitir perder.
Ao anoitecer subimos ao monte Carrasco para observar in situ o petroglifo do pinal do rei coa axuda dun foco e reflexionar alí sobre o seu estado de conservación e os inexistentes coidados.
Fotos dunha visita tamén nocturna a Foz Côa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario