Hai quen diante dun pouco de vento ou de auga -mesmo non tan fría- fica na casa, perdéndose unha tarde de posibles aventuras.
Pois ben, hai quen ten que armarse de valor para coller os trebellos da escola, metelos na mochila, colocar a mochila no lombo da cadeira, facer o esforzo de sentarse na cadeira, arrincar o motor, agardar a furgoneta adaptada, subir á plataforma, e logo de observar pacientemente o mesmo proceso en cada parada, chegar antes de que abran o instituto, mollarse, agardar a que chegue todo o mundo, meterse no ascensor, manobrar adiante e atrás para enfiar o corredor e entrar na clase, escribir, ler, escoitar e contar historias, estar coa xente, aprender algo novo cada vez... e antes de que a clase acabe, recoller os trebellos, volver colocar de novo a mochila no lombo da cadeira, poñer outra vez o motor a andar, ir ao baño adaptado onde nunca máis acaban as obras, meterse por turnos no ascensor, agardar arriba, agardar abaixo, enfundarse na capa de capear o temporal, e saír a todo motor para que o coche con plataforma non se marche antes de tempo.
Toda unha aventura.
e quen dixo chuvia habendo impermeables?
Ningún comentario:
Publicar un comentario