19 de out. de 2009

Visita a Castrolandín, Cuntis e a Estaca

De mañá no castro facía un frío que pelaba, sobre todo porque soplaba vento do norte o que nos pillou un tanto por sorpresa, e sen chaqueta. Menos mal que en Cuntis esperaban as termas coa auga ben quente, e unha parte do grupo até tomou baño nas piscinas do balneario, co que rapidamente entramos en calor.

Despois, unha breve visita á Fundación Terra Termarum, onde están expostos algúns útiles empregados na época castrexa, como muíños de man, tear con fusaiolas penduradas tensando a urdime,... e onde hai tamén un obradoiro de cerámica e reproducións de pezas cos motivos gravados nos restos de cerámica encontrados no castro.

Logo do xantar, unha visita á fábrica de queixos CLG onde se degustaron a tetilla, o palosanto e outros; e unha visita á Rectoral da Estaca co seu magnífico hórreo, a subida do viacrucis e por último, a merenda de despedida na casa de Loli quen nos sorprendeu coa súa hospitalidade.


 Para aprender sobre os castros e a cultura castrexa podes ver a seguinte presentación:











Ningún comentario:

Publicar un comentario