31 de mar. de 2020

Caderno dos martes

Como nos botamos de menos! non si? As risas con Albina, aínda cando está seria ou triste, porque ela sempre nos fai rir. Aquí deixo un dos seus escritos, sobre o papel de estraza para que vos sintades como en clase. A continuación un pdf coas vosas Reflexións sobre o uso e abuso do plástico. 


Entre os primeiros obxectos de plástico que chegaron ás nosas vidas estaban os xoguetes para brincar na praia, baldes, parrulos e flotadores. Estes da foto eran de caucho, pero axiña viñeron os de plástico a substituilos, como era de esperar.

Pois ben, a proposta para esta semana é rescatar un recordo e escribir sobre el. Podes escoller entre estas fotografías feitas nunha exposición do Museo do Mar. 


Os flotadores pode que te leven á infancia, á túa ou á de teus fillos e fillas, ou tal vez netas... Tamén te han  levar á praia, ao pracer e o medo dos primeiros baños de mar, ao cheiro a maruxía, ao verdello, aos caramuxos e croques, ao camarón das charcas, 

O plástico é un derivado do petroleo. Pode que este forniño de petróleo tamén vos traslade á remota infancia e así rescate algunha imaxe, algún xantar na cociña ou unha pequena historia do cotiá. 

Lembrades algunha comida preparada nel, a tixola con aceite ao lume con pementos e patacas a fritir, o leite no fervedor, as rebandas de pan con viño e azúcar, as chulas de mangueta...

O recendo que había na cociña nese momento.  A comida con sabor a queroseno.

E ben, se estes non che  din nada, busca entre as túas fotografías antigas para rescatar un obxecto que che fale e cóntanos o que che di.

Acceso ao catálogo dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia



Accede á páxina principal de Galicia le e empeza a ler e visionar películas.

30 de mar. de 2020

LINGUA PARA PERSOAS ESTRANXEIRAS

Aquí tenéis algunas páginas web con actividades para seguir aprendiendo español las próximas semanas:

En el enlace de arriba hay 18 canciones, cada una con un PDF con actividades y un vídeo o audio.
Entre ellas escoge:

  • La nº 6 "En la ciudad", de Amparanoia y realiza las actividades 1 y 2 
  • La nº 12 "La historia de Juan" de Juanes y completa la letra de la canción con las palabras de la izquierda como aparece en la actividad 1A (página 4 del pdf)
  • La nº 16 "Y nos dieron las diez" de Joaquín Sabrina y completa la letra de la página 3 del pdf con los tiempos verbales que corresponden. Cuando acabes comprueba las soluciones en la página 5
  • Otra libremente, la que te apetezca
En este otro enlace (link) tenéis acceso a una relación de vídeos de temáticas diversas (tanto de vocabulario como de gramática). Haciendo clic en cada uno de ellos, además del vídeo aparece debajo una guía didáctica con ejercicios de comprensión o actividades interactivas. 
Podéis empezar por los cuatro primeros, o los que más os gusten e ir visualizando todos los que queráis otros días. Propongo el nivel A2 porque creo que es el que más se adapta a lo que veníamos trabajando en clase pero quien quiera puede cambiar a los otros niveles en lo alto de la página.

Por lo demás, os propongo seguir escribiendo el Diario y mandando vuestros escritos a quendadeira@gmail.com a ser posible a través de Drive. Cualquier duda, preguntadme también en ese correo.

Os dejo también los accesos a 
Emisoras de Radio de todo el mundo: radio.garden
En este último enlace aparece una emisora de Agadir pero podéis cambiar con solo hacer clic en  otro lugar cualquiera del mundo.

29 de mar. de 2020

Acordai! poñerse a bailar e ler a prensa

Entre os moitos vídeos que rulan estes días por Whatsapp, salvei este. Non sei quen canta pero a música é do compositor portugués Fernando Lopes Graça.


Se entrades no enlace aquí tendes a letra e a partitura para escoller as voces e cantar coa moza.


E esta xota-muiñeira vai para as bailadoras Faltriqueiras de Rodeira, para que sigan bailando en casa, e para quen queira botarlle uns pasos, que é boa maneira de manterse en forma e lidar menos.

Hoxe, na edición do Morrazo do Faro de Vigo, unha noticia que concerne ao instituto: as Pantallas en 3D de Rodeira
Por último, para informarse, un artigo interesante sobre a complexidade da expansión do Coronavirus.

27 de mar. de 2020

Máscaras de protección feitas nas impresoras 3D do IES de Rodeira




Feitas polo Departamento de Informática do noso instituto, as viseras para as pantallas de protección tan necesarias para o persoal sanitario, saen todos os días das impresoras 3D da foto. 

Esta actividade está dentro do proxecto solidario de Coronavirus Makers
Coronavirus Makers




Obradoiros de memoria

Actividades propostas ao alumnado dos Obradoiros de Memoria a través de WhatsApp:

Obradoiros de Inglés 0 e 1

Actividades propostas a través do Whatsapp
Ademais destes enlaces, hai varios recursos interesantes que xa se comentaran na clase como:
Duolingo (Aplicación para seguir aprendendo inglés) e canciones do método Uixol (Youtube)

Propostas ao alumnado de EBI

Esta é unha parte do informe da titora de EBI I que propón ideas que nos poden servir tanto a profes de adultos como ao resto do alumnado:
Co alumando de EBI non se puido levar a cabo a realización de actividades online,
nin coas aulas virtuais, posto que a gran maioría non dispoñen de dispositivos cos que conectarse.
Non obstante, si que se realizaron chamadas aos seus teléfonos para preguntarlles que tal o levaban,
xa que esta situación non é agradable para ninguén, e moito menos para este colectivo, dado o risco
que supón. 
É por iso que foi imprescindible darlles ánimos, transmitirlles unha mensaxe de calma, desexarlles
paciencia e sobre todo dicirlles que desta situación imos saír e que volveremos á escola.
Ademais, tamén se procurou ter unha proximidades, que sintan que poden contar connosco
para o que precisen, evitando desta forma pensamentos negativos e favorecendo que esta situación
lles sexa o máis levadeira posible.
Ademais, propuxémoslles a través das chamadas, diversas actividades para a súa realización
durante este período tales como:
Confeccionar un calendario con horarios e rutinas para que se marquen obxectivos. Poden encaixar algunhas das actividades que propoño a continuación. (Neste calendario é importante que introduzan tempos de descanso e chamadas a familiares ou xente que consideren)
Realizar actividades de voluntariado (cartas a persoas enfermas, facer mascarillas...)
Realizar un escrito coas súas reflexións diarias para despois comentalo na clase (niveis máis avanzados)
  • Intentar ler o periódico, revistas (niveis intermedios)
  • Ler panfletos de anuncios, supermercados (niveis máis baixos)
  • Realización de contas coas súas respectivas probas (sumas, restas, multiplicación e divisións).
  • Realización de manualidades con material de refugallo (bricks, latas, envases, entre outros). Viron vídeos sobre isto en clase.
  • Lectura de libros adaptados aos seus niveis
  • Realización de pasatempos (crucigramas, sudokus, sopas de letras)
  • Pintar mandalas
  • Cantar cancións típicas
  • Escoitar a radio e ver algún programa educativo e cultural na televisión (saber e gañar, National Geographic, entre outros)
  • Rememorar cancións da súa infancia
  • Xardinaría, se teñen plantas ou hortas
  • Realización de exercicios mediante as tarefas da casa (hixiene postural)
Todas estas actividades son moi funcionais, pero non son obrigatorias.
O obxectivo principal é que o alumnado poida despexar a cabeza e non pensar tanto nesta situación.
No que si que incidimos foi fundamentalmente na hixiene diaria de mans e, sobre todo,
en que eviten saír.
Aquí tendes o enlace a como lavar as mans correctamente

26 de mar. de 2020

Conéctate co mundo pola radio

Estes días son difíciles para todo o mundo, pero algunhas circunstancias fai que sexa máis difícil aínda. Pensamos nas persoas que están fóra do seu país como é o caso do noso alumnado de Marrocos, Rusia, Brasil, Escocia ou EEUU. 
Pero tamén nos que teñen fóra a familia e amigos.
A radio permítenos realizar outras tarefas mentres a escoitamos.
Con Radio Garden podemos viaxar a calquera parte do mundo onde haxa unha emisora, é só pulsar co cursor no lugar elexido. 
http://radio.garden/visit/agadir/sTjlUZb-

E se atopamos unha música que nos fai bailar? http://radio.garden/visit/bissau/JtImVWOJ

Esta historia non nos resulta allea nin descoñecida. É a historia de tantas mulleres! 
Aquí, como no Brasil, como no resto do mundo, moitas mulleres ficaron na casa en vez de ir á escola.
Pero nunca perderon a ansia de aprender, como nos demostra o alumnado de EBI cada día que veñen polo instituto, así chova, así vente, así caia a cachón o sol. Seguro que nestes días, máis que en calquera outro momento, máis que nos fins de semana ou nas vacacións, botan de menos a escola. 
Para elas, para o alumnado das Ensinanzas Básicas, vai dedicada esta curta na lingua do Brasil con subtítulos en castellano.



"VIDA MARIA" é um projeto premiado no "3o. PRÊMIO CEARÁ DE CINEMA E VÍDEO", realizado pelo Governo do Estado do Ceará.
Produzido em computação gráfica 3D e finalizado em 35mm, o curta-metragem mostra personagens e cenários modelados com texturas e cores pesquisadas e capturadas no Sertão Cearense, no Nordeste do Brasil, criando uma atmosfera realista e humanizada.
Vencedor de mais de 50 prêmios em festivais de cinema nacionais e internacionais, é dirigido por Márcio Ramos e conta a história de Maria José, uma menina de 5 anos de idade que é levada a largar os estudos para trabalhar. Enquanto trabalha, ela cresce, casa, tem filhos, envelhece.

Recursos didácticos para ESA e EBI

Recursos didácticos para ESA:
Aquí tedes o enlace aos materiais didácticos dos diferentes ámbitos de Secundaria para Persoas Adultas. Tede en conta que os actuais cursos 2º e 4º equivalen aos Módulos 2 e 4
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23204

Recursos didácticos para EBI:
Fai clic no seguinte enlace para acceder ás unidades dos módulos I e II
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1760

25 de mar. de 2020

Era unha vez a vida

Esta serie semella infantil mais resulta do máis didáctica para aprender como funciona o noso corpo por dentro.

Microrrelatos

"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí"
Augusto Monterroso

Este é un dos microrrelatos máis breves e coñecidos. Dá moito que pensar nestes días nos que probablemente ao despertar o primeiro que nos ven á cabeza é:
Isto non pode estar pasando
Pero o caso é que si, que non é soño ou pesadelo
que a realidade é superior a calquera ficción imaxinada, que isto está pasando
-ou non?!!! 
porque ao fin, como di Segismundo no seu monólogo de La vida es sueño 

Yo sueño que estoy aquí
destas prisiones cargado,
y soñé que en otro estado
más lisonjero me vi.
¿Qué es la vida? Un frenesí.
¿Qué es la vida? Una ilusión,
una sombra, una ficción,
y el mayor bien es pequeño:
que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son.

Calderón

Para algo está a literatura, para permitirnos imaxinar, para poder meternos nos zapatos dos demais, expresar o que nin nos atrevemos a pensar e dar nome a profundos, confusos ou difusos pensamentos e emocións.

La oveja negra 


"En un lejano país existió hace muchos años una Oveja negra. Fue fusilada.
Un siglo después, el rebaño arrepentido le levantó una estatua ecuestre que quedó muy bien en el parque.
Así, en lo sucesivo, cada vez que aparecían ovejas negras eran rápidamente pasadas por las armas para que las futuras generaciones de ovejas comunes y corrientes pudieran ejercitarse también en la escultura."
 Augusto Monterroso
CUENTOS Y FÁBULAS DE AUGUSTO MONTERROSO

Advertencias de un escritor, por Gabriel García Márquez

  1. Una cosa es una historia larga, y otra, una historia alargada.
  2. El final de un reportaje hay que escribirlo cuando vas por la mitad.
  3. El autor recuerda más cómo termina un artículo que cómo empieza.
  4. Es más fácil atrapar un conejo que un lector.
  5. Hay que empezar con la voluntad de que aquello que escribimos va a ser lo mejor que se ha escrito nunca, porque luego siempre queda algo de esa voluntad.
  6. Cuando uno se aburre escribiendo el lector se aburre leyendo.
  7. No debemos obligar al lector a leer una frase de nuevo.

24 de mar. de 2020

CONTOS no caderno de bitácora

Hai un par de semanas, na vida normal dos martes, no Obradoiro de Bitácora acordamos escribir un relato breve, micro ou como queiramos chamarlle. Igual alguén xa o teña feito antes de entrar na cuarentena. Se non é así, chegou a hora de escribir un. O tema é libre, aínda que é probable que semelle de ciencia ficción pois estes días a realidade supera toda fantasía. 


Á esquerda, a páxina do magazine cas características principais dun microrrelato.

Nesta biblioteca atoparedes minicuentos en español

Escribide os vosos propios microrrelatos e mandalos a:
Outra posibilidade é gravalo  co móbil e mandar a gravación ao mesmos correo. 

Non deixedes de escribir. En tempos difíciles precisamos ocuparnos, compartir e seguir en contacto. Se tendes preguntas ou propostas novas tamén as podedes mandar ao correo.

Aburiño!!


23 de mar. de 2020

Recanto de Historia para Aprender a Aprender e Exercitar a Memoria



Aplica un método parecido ao de "Escoita activa para comprender cada vez mellor" para aprender a aprender calquera tema, neste caso de historia. Por exemplo, facéndote preguntas a medida que visualices estes vídeos.
Escribe un mínimo de 10 preguntas que ao longo da visualización do vídeo verías contestadas (como: Que pobos habitaban o que hoxe é Galiza na prehistoria? Cando chegaron os romanos a esa zona da península?...) Ao acabar de velo, contestas as túas propias preguntas. Despois volves ver o vídeo para comprobar ou completar as respostas.



Outra proposta de exercicio. 
En lugar de preguntas, mentres visualizas o vídeo escribes palabras que poidan ser claves para contar de que trata (do tipo: Europa, pobos, prehistoria, polis gregas, territorios, Alejandro Magno, Roma, imperios, expansión, Constantinopla/Bizancio...)
Ao acabar de velo, con esas palabras soltas elaboras un texto contando de que trata (como tal: "Esta é unha brevísima historia de Europa, dos pobos que a habitaban na prehistoria, da civilización grega e as súas cidades chamadas polis, da súa expansión polo Mediterráneo..." etc. e tal)

Repasando matemáticas


Enlaces a outros vídeos de matemáticas de 2º ESO
https://youtu.be/KdkMb7wSV4U
https://youtu.be/YdCHI3gPAAQ
https://youtu.be/sHz7B3vPmvY

4º ESO


Escoita activa para comprender cada vez mellor

Un vídeo para practicar a comprensión oral en inglés dun xeito diferente e aprender a escoitar.
A proposta consiste en:
escoitar e ler os subtítulos,
contestar preguntas,
volver escoitar lendo subtítulos
e finalmente escoitar sen ler.
Iso activa a concentración e a memoria.

21 de mar. de 2020

18 de mar. de 2020

CADERNO DE BITÁCORA

Podemos imaxinar que escribiremos estes días no Caderno de Bitácora, algo parecido a un Diario de confinamento, organizado por semanas, por días, tal vez por horas.

Esta tarde non vai estar ninguén na aula. A nosa marabillosa Aula Polivalente vai estar baleira. Os elefantes andarán tan campantes polo encerado e ninguén os verá. Non como o día en que saímos en tropel a buscalos e facelos visibles.


Ese día estaba Teresa, aquí pintando o elefante rosa, que nos deixou este curso, sen avisar, antes de saber que ían confinarnos nas casas. Para ela vai esta pequena lembranza.

13 de mar. de 2020



Consulta a nosa web

iesrodeira.com
Podedes comunicar a través do correo:
quendadeira@gmail.com