1 de feb. de 2022

Esta semana, na tarde do xoves teremos charla de Iniciación ás grafías e cultura xaponesas.
Para facer a boca auga nalgún obradoiro falamos da "Historia de Genji" (Genji Monogatari) novela escrita a principios do século XI por unha muller chamada Murasaki Shikibu e considerada unha das novelas máis antigas. 
Se temos en conta que foi escrita hai uns mil anos e que as mulleres non tiñan tan siquera opción de aprender a escribir e o difícil que sería memorizar e reproducir aqueles símbolos  copiados da escritura Chinesa, daquela sermos quen de apreciar o valor desta exquisita obra onde acontecen montes de cousas: a vida de Genji via das actividades mundanas ás artes e os amores, nun contexto de pazos, xardíns, damas e guerreiros. Hai música, hai poesía -hai haikus!- están as cores dos atardeceres, o son da auga nos regatos, o paso das estacións, as flores, a neve. 
Aínda que Genji é fillo do emperador non está destinado a sucedelo no trono pero vive no palacio imperial. Unha das mulleres do emperador (á que Genji admira e ama en secreto) ten unha sobriña (Murasaki) e Genji ocúpase da súa educación. Ela vai medrando e acaba por casar con Genji. Pero a este, ademais dos amores, pásanlle toda serie de aventuras e desventuras.

genji






Ningún comentario:

Publicar un comentario